Saturday 01 de June de 2024

O Pazo Mariñán acolle unha xornada sobre como mellorar os beneficios empresariais a través do uso das novas tecnoloxías


Abordaranse as últimas técnicas e estratexias que teñen que ver co uso das novas tecnoloxías enfocadas ao sector empresarial

O Pazo de Mariñán acollerá dende as cinco da tarde a xornada “Aprovéchate de la tecnología… Ha venido para quedarse’, unha nova iniciativa da Factoría de Innovación que neste caso pretende dar a coñecer os beneficios que a implantación de medidas e ferramentas ligadas ás novas tecnoloxías poden supor para calquera tipo de negocio.

Dirixida a persoas emprendedoras, autónomos e empresas en xeral, o programa servirá para coñecer as distintas estratexias e técnicas necesarias coas que poder mellorar os resultados empresariais. Ademais, os participantes tamén terán a posibilidade de coñecer as últimas tendencias e compartir inquietudes e experiencias co resto de participantes.

O evento abrirá coa intervención de Mariem Filgueira de FdI de A Coruña e constará de dúas conferencias máis a cargo de Carlos Alfonso, membro do Instituto Tecnolóxico de Galicia, e de Óscar Blanco, técnico de PARNET-Tic 2. Ademais, tamén haberá tempo para a celebración de tres meses redondas, que servirán como espazos para debater sobre todo tipo de asuntos ligados ás novas tecnoloxías.

A Factoría de Innovación da Coruña é un centro de excelencia promovido pola Escuela de Organización Industrial (EOI) e a Deputación da Coruña, que ten como obxectivo desenvolver o potencial innovador das pymes e organizacións empresariais galegas e, máis en concreto, coruñesas. Na súa financiación colabora o Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) e o Ministerio de Industria, Energía y Turismo.